Sesións plenarias
|
Peter Müller - Universidade do Texas Austin (UTA, Estados Unidos da América)
Profesor na Universidade de Texas, Austin, Dept. of Mathematics and Dept. of Statistics and Data Science con traballos relevantes na área da análise Bayesiana e toma de decisións, en particular en métodos de simulación de MCMC baseados en planificación óptima, planificación secuencial, modelos dinámicos e formulación de ensaios clínicos. É tamén presidente interino do Department of Statistics & Data Science da Universidade de Texas ( Austin, EUA) e Profesor Adxunto no M.D. Anderson Cancer Center, Dept. of Biostatistics da mesma universidade.
Alessandro Fassò - Universidade de Bérgamo (UB, Italia) Profesor Catedrático na UB con traballos relevantes en diversas áreas, especialmente con métodos estatísticos e aplicacións na área ambiental, calidade do aire, variables climáticas, análises de sensibilidade estatística, modelos espazo-temporais. É editor asociado das revistas Advances in Statistical Analysis (HASTA), de Statistica e Applicazioni ( S&A) e de Statistica & Società. Ricardo Cao - Universidade da Coruña (UDC, España) Profesor Catedrático na UDC. As súas liñas de investigación abarcan a estatística non paramétrica, bootstrap, análise de supervivencia, verosimilitud empírica, Big Data, análise de datos funcionais e métodos estatísticos en xenómica e risco de crédito. É co-editor da revista Computational Statistics e editor asociado de Computational Statistics & Data Analysis e de Journal of Nonparametric Statistics. Carlos Daniel Paulino - Instituto Superior Técnico - Universidade de Lisboa (IST-UL, Portugal) Profesor Asociado no IST- UL con traballos relevantes nas áreas de inferencia estatística, estatística bayesiana, datos categóricos, datos incompletos e nas aplicacións da Estatística ás Ciencias Biomédicas. Foi presidente da SPE entre 2012 e 2014. |