Presentación
|
NOVO: Fotos do encontro (aqui)
|
O III Encontro Luso-Galaico de Biometría terá lugar dende o día 28 ao 30 de xuño de 2018 no Departamento de Matemática da Universidade de Aveiro. O encontro está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e Investigación de Operacións (SGAPEIO).
Este Encontro está dirixido a profesionais e usuarios da Estatística, académicos, investigadores e estudantes.
Obxectivos xerais:
O programa científico do Encontro incluirá un minicurso, unha mesa redonda, sesións plenarias, sesións invitadas e comunicacións (orais e posters).
Os traballos presentados no EBio2018 poden ser presentados ao número especial de Biometría que Revstat publicará en 2019.
Este Encontro está dirixido a profesionais e usuarios da Estatística, académicos, investigadores e estudantes.
Obxectivos xerais:
- Difundir os últimos avances no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos na Bioloxía, Medicina, Ecoloxía, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura, Medio Ambiente e outras Ciencias da Vida.
- Ampliar o radio de acción das sociedades involucradas a novos sectores do amplo campo da Biometría.
- Promover o intercambio e intensificar as relacións dentro de cada comunidade e entre as dúas comunidades estatísticas.
O programa científico do Encontro incluirá un minicurso, unha mesa redonda, sesións plenarias, sesións invitadas e comunicacións (orais e posters).
Os traballos presentados no EBio2018 poden ser presentados ao número especial de Biometría que Revstat publicará en 2019.
Datas importantes
- Envío de resumos: 15 de abril de 2018
- Notificación de aceptación: 11 de maio de 2018
- Inscrición a prezo reducido e inclusión do resumo no libro de actas: 25 de maio de 2018